Foro para a economía social de Galicia 26 de out. de 2021
Foro para a economía social de Galicia
Conferencia
Presentación oficial de SAVES, unha aplicación dixital desenvolvida por ECOBAS, que permite consultar dende calquera dispositivo electrónico ampla información económico-financeira sobre as sociedades cooperativas galegas.
Esta ferramenta, accesible dende a web saves.uvigo.gal, foi co-financiada pola Rede Eusumo, e está deseñada para axudar á xestión diaria das cooperativas, as súas asociacións representativas, as xestorías e a Administración Pública.
Ademais da presentación por parte dos seus creadores, Carlos Iglesias e María José Cabaleiro, contará coa participación do Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, o presidente do Foro para a Economía Social de Galicia, Celso Gándara, e unha conferencia a cargo de Carmen Rodríguez, Presidenta de Mulleres de Seu e Vicepresidenta de CLUN.