Libérate das infraestruturas patriarcais de GAFAM 18 de nov. de 2021

Visto 14 veces

Libérate das infraestruturas patriarcais de GAFAM

Conferencia

Existe unha hexemonía do patriarcado na realidade dixital? É similar ou maior á existente na realidade sen conexión? Estes e outros debates son os que se trataron este xoves no obradoiro Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado, unha cita organizada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra ao abeiro da súa Cátedra de Feminismo 4.0 e na que destacadas profesionais de prestixio analizaron polo miúdo as causas que provocan a escasa presenza das mulleres nas carreiras STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), tanto na universidade como logo no mundo profesional, así como as distintas manifestacións do denominado machismo dixital e a súa repercusión nos videoxogos, os memes, os asistentes de voz, as actitudes misóxinas nas redes…
Fonte. DUVI

Presenta: Luz Castro
Doutora en Enxeñería Informática
Ona de Donestech
Activista dos dereitos humanos en diferentes campos, tanto en internet como nas rúas