Introdución da perspectiva de xénero en materias de intelixencia artificial 18 de nov. de 2021

Visto 10 veces

Introdución da perspectiva de xénero en materias de intelixencia artificial

Conferencia

Existe unha hexemonía do patriarcado na realidade dixital? É similar ou maior á existente na realidade sen conexión? Estes e outros debates son os que se trataron este xoves no obradoiro Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado, unha cita organizada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra ao abeiro da súa Cátedra de Feminismo 4.0 e na que destacadas profesionais de prestixio analizaron polo miúdo as causas que provocan a escasa presenza das mulleres nas carreiras STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), tanto na universidade como logo no mundo profesional, así como as distintas manifestacións do denominado machismo dixital e a súa repercusión nos videoxogos, os memes, os asistentes de voz, as actitudes misóxinas nas redes…
Fonte. DUVI

Presenta: Luz Castro
Doutora en Enxeñería Informática
Manuel Fernández Delgado
Investigador do Centro Singular de Investigación e Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS)