Acto académico de Santo Tomé de Aquino 2022 da Universidade de Vigo 28 de xan. de 2022

Visto 190 veces

Acto académico de Santo Tomé de Aquino 2022 da Universidade de Vigo

Un cento de estudantes de doutoramento e grao foron distinguidos pola súa excelencia

Na que definiu como “unhas das últimas oportunidades de dirixirme á comunidade este mandato”, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, fixo este mediodía balance dos logros máis salientables acadados pola comunidade universitaria nos últimos anos, así como unha enumeración dos que considera os principais retos da institución para poder “gañar o futuro e converternos nunha universidade que sexa referente: pública, galega, internacionalizada e igualitaria”. O acto académico da festividade de San Tomé de Aquino, celebrado este venres no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, volveu reunir o alumnado máis excelente da UVigo: máis dun cento de estudantes de doutoramento e grao que hoxe recibiron as medallas e insignias da Universidade que acreditan os seus logros académicos. Do total de 104 galardoadas e galardoados, 20 corresponden a Premios extraordinarios de doutoramento do curso 2019-2020; 30 a Premios extraordinarios de doutoramento do curso 2020-2021; 49 a Premios extraordinarios de grao do curso 2020-2021 e 6 a Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos fin de grao e fin de mestrado do curso pasado.

As vicerrreitoras de Investigación, Belén Rubio; de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama e de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, ademais do presidente do Consello Social da UVigo, Ernesto Pedrosa, acompañaron a Reigosa na mesa presidencial dun acto, no que ,o dúo formado por Iria Estévez e Xoan Curiel encargouse da interpretación dun repertorio musical, que ademais do Gaudeamus Igitur, incluíu cantigas dos trobadores Pero de Ver e Martin de Padrozelos.

Reitor, Universidade de Vigo
Secretario xeral, Universidade de Vigo
Susana de Lorenzo
Soprano
Alejo Amoedo
Pianista

Vídeos da mesma serie
Acto académico de Santo Tomé de Aquino 2022 da Universidade de Vigo
Un cento de estudantes de doutoramento e grao foron distinguidos pola súa excelencia
28 de xan. de 2022