Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Diana Valverde 5 de abr. de 2022

Visto 26 veces

Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Diana Valverde

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo e o medio de divulgación científica GCiencia colaboran na elaboración e difusión dunha serie de podcasts nos que investigadores e investigadoras da UVigo explican o seu traballo vinculado ao ámbito das enfermidades cardiovasculares, que a día de hoxe supoñen a principal causa de morte no noso país. Esta actividade forma parte do plan “Ciencia de Ida e Volta”, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

A xornalista de GCiencia, Laura Veiga, conversou nesta ocasión coa catedrática do grupo de Xenómica e Biomedicina do Cinbio, Diana Valverde.

Queres saber de que falaron? Dálle ao play!

i18n.one.Series: Ciencia de ida e volta
Diana Valverde
Catedrática do grupo de Xenómica e Biomedicina do Cinbio, Universidade de Vigo
Entrevista: Laura Veiga
Xornalista, GCiencia