Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Elena Ojea 8 de xuño de 2022
Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Elena Ojea
A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo e o medio de divulgación científica GCiencia colaboran na elaboración e difusión dunha serie de podcasts nos que investigadores e investigadoras da UVigo explican o seu traballo vinculado ao estudo dos océanos desde diferentes perspectivas. Esta actividade forma parte do plan “Ciencia de Ida e Volta”, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
A xornalista de GCiencia, Laura Veiga, conversou nesta ocasión coa coordinadora do grupo Future Oceans Lab do CIM, Elena Ojea, que participou na elaboración de Cambio Climático 2022: Impactos, Adaptación e Vulnerabilidade, a máis recente avaliación do IPCC, no que o principal órgano internacional para a avaliación do cambio climático, brinda aos gobernos información científica para que poidan desenvolver políticas climáticas.
Queres saber de que falaron? Dálle ao play!