Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Raquel Nieto 9 de xuño de 2022
Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Raquel Nieto
A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo e o medio de divulgación científica GCiencia colaboran na elaboración e difusión dunha serie de podcasts nos que investigadores e investigadoras da UVigo explican o seu traballo vinculado ao estudo dos océanos desde diferentes perspectivas. Esta actividade forma parte do plan “Ciencia de Ida e Volta”, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
A xornalista de GCiencia, Laura Veiga, conversou nesta ocasión coa investigadora Raquel Nieto, que forma parte do grupo EphysLab do CIM, que estuda como a precipitación que cae nos continentes define o alcance e a natureza dos ecosistemas terrestres e a actividade humana neles e como esta é subministrada pola humidade que provén directamente do océano.
Queres saber de que falaron? Dálle ao play!