Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Ramón Hermida 5 de abr. de 2022
Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Ramón Hermida
A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo e o medio de divulgación científica GCiencia colaboran na elaboración e difusión dunha serie de podcasts nos que investigadores e investigadoras da UVigo explican o seu traballo vinculado ao ámbito das enfermidades cardiovasculares, que a día de hoxe supoñen a principal causa de morte no noso país. Esta actividade forma parte do plan “Ciencia de Ida e Volta”, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
A xornalista de GCiencia, Laura Veiga, conversou nesta ocasión co catedrático Ramón Hermida, que forma parte do Laboratorio de Bioenxeñaría e Cronobioloxía de atlanTTic.
Queres saber de que falaron? Dálle ao play!