Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Beatriz Legerén 7 de xuño de 2022

Visto 43 veces

Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Beatriz Legerén

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo e o medio de divulgación científica GCiencia colaboran na elaboración e difusión dunha serie de podcasts nos que investigadores e investigadoras da UVigo explican o seu traballo vinculado ao estudo dos océanos desde diferentes perspectivas. Esta actividade forma parte do plan “Ciencia de Ida e Volta”, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

A xornalista de GCiencia, Laura Veiga, conversou nesta ocasión coa investigadora do Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade, Beatriz Legerén, unha das participantes no proxecto Misión Azul, que ten por obxectivo a alfabetización científica mariña e de formación do profesorado e no que colaboran o Centro de Investigación Mariña, atlanTTic e a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Queres saber de que falaron? Dálle ao play!

i18n.one.Series: Ciencia de ida e volta
Beatriz Legerén Lago
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Universidade de Vigo
Entrevista: Laura Veiga
Xornalista, GCiencia