Acto de Graduación da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo 30 de xuño de 2023

Visto 22 veces

Acto de Graduación da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

No salón de actos Marie Curie tivo lugar a graduación do alumnado da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Tratouse da XII promoción do Grao de Turismo (29 estudantes); da XIII promoción do Grao de Administración e Dirección de Empresas (45); da V promoción do Programa Conxunto ADE-Dereito (17); da IV promoción do Programa Conxunto ADE-Enxeñaría Informática (6 estudantes) e da I promoción do Programa Universitario para o Emprego e a Vida Autónoma (6 alumnos). As madriñas académicas foron as profesoras Ana Gueimonde e Mª Xosé Vázquez e as institucionais Ana Mª González (directora de Recursos Humanos de Riu Hotels&Resorts) e María Sol Novoa (presidenta da Confederación Empresarial de Ourense). No acto entregáronse os premios aos mellores expedientes en ADE e Turismo, que nesta ocasión recaeron en Andrea García e Felipe Barcala respectivamente.
Fonte: DUVI

María Montserrat Cruz González
Docente na Facultade de Ciencias Económicas, Universidade de Vigo
Alberto Vaquero García
Secretario, Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Ana María González
Directora de Recursos Humanos, RIU Hotels & Resorts
Maria Sol Novoa Rodríguez
Presidenta, Confederación Empresarial de Ourense
María Xosé Vázquez Rodríguez
Ana Gueimonde Canto
Profesora de Organización de Empresas, Universidade de Vigo
Francisco Javier Rodríguez Rajo
Virreitor do Campus de Ourense, Universidade de Vigo
Sara González Rúa
Gissela del Rocío Guamá Heredia
Edgar Currás Fernández
Adrián Martínez Solleiro

Vídeos da mesma serie