Laudatio de Teresa Peramato Martín 16 de xuño de 2023

Visto 3 veces

Laudatio de Teresa Peramato Martín

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo celebra o acto de graduación da XI promoción do Grao en Dereito, formada por 60 estudantes. O acto inclúe o nomeamento como claustral honoraria de Teresa Peramato Martín, fiscal de sala contra a violencia sobre a muller da Fiscalía Xeral do Estado. A madriña da promoción será Helena Martínez Hens, profesora de Dereito Civil e o padriño Rafael Andrés Velázquez Pérez, profesor de Dereito Internacional Privado.

No transcurso do acto tamén se fará entrega do II Premio de Investigación Xurídica Xosé Luis Franco.

Marta García Mosquera
Profesora Contratada Doutora de Dereito Penal da Universidade de Vigo