Presentación do UM23, o novo monopraza de UVigo Motorsport (Infografía) 7 de xul. de 2023

Visto 5 veces

Presentación do UM23, o novo monopraza de UVigo Motorsport (Infografía)

Co UM23 van oito. Oito monoprazas deseñados, construídos e pilotados por estudantes da Universidade de Vigo cos que medirse a equipos de todo o continente na Formula Student, a competición estudantil de motor máis importante de Europa que neste 2023 cumpre 25 anos. O novo coche, que se presentou na tarde deste mércores, participará este verán en tres probas, dúas delas Silverstone, onde competirá na proba clásica do Formula Student UK e tamén no Formula Student UK AI para vehículos autónomos, e no Formula Student Spain.

Detrás desta fazaña está un equipo formado por 71 estudantes, case o dobre que en temporadas anteriores, de 21 das titulacións das que se imparten na Universidade de Vigo. Teñen especial peso en UVigo Motorsport os estudantes de Enxeñaría Mecánica (21) e os de Enxeñaría Informática (12), seguidos polo de Enxeñaría Aeroespacial (8) ou Intelixencia Artificial (4). Con todo, e dado que o equipo debe funcionar como unha escudaría e desenvolver todas as función e tarefas que isto require, contan tamén con alumando de titulacións como Educación Social, Enxeñaría de Organización ou Administración e Dirección de Empresas.

Presenta: Guillermo Vázquez
Team leader, Uvigo Motorsport
Presenta: Antonio Presa González
Technical leader, Uvigo Motorsport
Presenta: Rubén Fernández Boullón
Responsable de autónomo, Uvigo Motorsport
Presenta: Omar Insua Rodríguez
Responsable de chasis, Uvigo Motorsport
Presenta: Ana Lorenzo Rodríguez
Responsable de dinámica, Uvigo Motorsport
Presenta: Antía Domínguez Rodríguez
Responsable de electrónica, Uvigo Motorsport
Presenta: Juan Mejuto Gutiérrez
Responsable de propulsión, Uvigo Motorsport
Presenta: Hugo Fernández Darriba
Responsable de aerodinámica, Uvigo Motorsport