A rede da imprudencia non é opcional 11 de out. de 2023

Visto 23 veces

A rede da imprudencia non é opcional

Cando comezamos esta aventura nunca pensamos en chegar tan lonxe; xa é o 5º Congreso, aínda que tampouco pensamos en superar unha pandemia nin en voltar ver unha guerra en Europa. A pesar de todo, segue a ser un soño pór en marcha o pequeno e delicado mecanismo que lle permite a nosa asociación encaixar todas e cada unha das accións necesarias para facer que este Congreso sexa posible.

Nesta ocasión queremos dar protagonismo ás redes sociais, pero non só neste novo significado que as vincula co virtual, que tamén, senón reforzando o seu significado máis amplo e real, as redes sociais presenciais que nos conectan ao mundo real e que permiten relacións de calidade entre todas nós. As asociacións, as entidades que traballamos en protección, as profesionais que tanto nos axudan, o persoal das administracións… temos obriga de entrelazar os nosos fíos para tecer unha grande rede que sosteña e dea seguridade a tódalas persoas que transitan pola adopción e o acollemento, especialmente as persoas adoptadas e/ou acollidas, as verdadeiras protagonistas.

Coma sempre queremos tecer rede, pero queremos facelo poñéndonos en cuestión e debatendo sobre todos e cada un dos aspectos que nos interpelan coma persoas e coma entidades. Confesamos tamén que o tempo non dá para todo e moitos temas tiveron que quedar fora, aínda así estamos seguras que o programa é verdadeiramente completo e interesante.Non podemos deixar de salientar a rede máis importante para MANAIA, a rede que forman ás socias de MANAIA, sen elas isto non tería sentido.

Presenta: Tamara Méndez
Manaia
Jason
Actor, modelo, bailarín e activista. Adoptado

Vídeos da mesma serie
Terra
30 de set. de 2023
Recoñecerse a un mesmo
11 de out. de 2023