II Xornada: "Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico". Debate e peche da sesión 22 de feb. de 2024

Visto 6 veces

II Xornada: "Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico". Debate e peche da sesión

Na mesa redonda participaron varias mulleres do ámbito da investigación académica e tamén do ámbito empresarial, que traballan en diferentes áreas da intelixencia artificial (IA). O panel de relatoras estivo formado pola catedrática da Universidade de Vigo Carmen García Mateo, investigadora da área Servizos Dixitais de atlanTTic; Ana Garriga Domínguez, investigadora do grupo MEDEA-Iuris da UVigo; Verónica Bolón Canedo, investigadora da área Intelixencia Artificial do CITIC da Universidade da Coruña; Silvia Abalo Bóveda, investigadora da área de Información Multimodal de Gradiant; Sonia Valladares Rodríguez, co-fundadora de DataSalus e investigadora do grupo de Sistemas Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela. O coloquio foi conducido pola investigadora e docente Edita de Lorenzo Rodríguez, enlace de igualdade de atlanTTic na UVigo.

As convidadas contaron as súas vivencias ao longo da súa traxectoria profesional e abordáronse multitude de cuestións ligadas á Intelixencia Artificial como a necesidade de adestrar os algoritmos para evitar os nesgos, non só de xénero, senón tamén de raza, de etnia, etc.; a regulación e a ética, así como o tratamento e a xestión das bases de datos (Big Data). Tamén se puxo enriba da mesa a necesidade de crear de equipos de traballo diversos e multidisciplinares, e a importancia educar á sociedade, con actividades de divulgación e de fomento das vocacións STEM.

Fonte: DUVI

Carmen García Mateo
Investigadora da área Servizos Dixitais de atlanTTic e catedrática da E.E. de Telecomunicación, Universidade de Vigo
Ana Garriga Domínguez
Investigadora do grupo MEDEA-Iuris, Universidade de Vigo
Verónica Bolón Canedo
Investigadora da área Intelixencia Artificial do CITIC, Universidade da Coruña
Silvia Abalo Bóveda
Investigadora da área Información Multimodal, Gradiant
Sonia Valladares Rodríguez
Co-fundadora de DataSalus e investigadora do grupo de Sistemas Intelixentes, Universidade de Santiago de Compostela
Modera: Edita de Lorenzo
Enlace de igualdade de Atlanttic, Universidade de Vigo