II Xornada: "Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico". Apertura institucional 22 de feb. de 2024

Visto 9 veces

II Xornada: "Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico". Apertura institucional

Na mesa redonda participaron varias mulleres do ámbito da investigación académica e tamén do ámbito empresarial, que traballan en diferentes áreas da intelixencia artificial (IA). O panel de relatoras estivo formado pola catedrática da Universidade de Vigo Carmen García Mateo, investigadora da área Servizos Dixitais de atlanTTic; Ana Garriga Domínguez, investigadora do grupo MEDEA-Iuris da UVigo; Verónica Bolón Canedo, investigadora da área Intelixencia Artificial do CITIC da Universidade da Coruña; Silvia Abalo Bóveda, investigadora da área de Información Multimodal de Gradiant; Sonia Valladares Rodríguez, co-fundadora de DataSalus e investigadora do grupo de Sistemas Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela. O coloquio foi conducido pola investigadora e docente Edita de Lorenzo Rodríguez, enlace de igualdade de atlanTTic na UVigo.

As convidadas contaron as súas vivencias ao longo da súa traxectoria profesional e abordáronse multitude de cuestións ligadas á Intelixencia Artificial como a necesidade de adestrar os algoritmos para evitar os nesgos, non só de xénero, senón tamén de raza, de etnia, etc.; a regulación e a ética, así como o tratamento e a xestión das bases de datos (Big Data). Tamén se puxo enriba da mesa a necesidade de crear de equipos de traballo diversos e multidisciplinares, e a importancia educar á sociedade, con actividades de divulgación e de fomento das vocacións STEM.

Fonte: DUVI

Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo.
Martin Llamas Nistal
Director de AtlanTTic, Universidade de Vigo
Rebeca Pilar Díaz Redondo
Directora da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, Universidade de Vigo