Exposición Universo Quixotas 20 de maio de 2026

Visto 46 veces

Exposición Universo Quixotas

Instalada no vestíbulo do pavillón central da Facultade de Filoloxía e Traducióne composta por sete grandes paneis a dobre cara, a exposición nace da confluencia de diferentes liñas de traballo arredor de dous conceptos clave: a rescritura —textos reinterpretados e reutilizados en datas posteriores á súa creación— e o transnacional, entendido como “a necesidade de superar lindes políticas, xeográficas e nacionais para interpretar de maneira máis axeitada fenómenos derivados do concepto previo, é decir, da reescritura”, explicou Montero. Un exemplo paradigmático desta dobre perspectiva é o Don Quijote de la Mancha de Miguel de Cervantes, obra que, catro séculos despois da súa publicación, continúa demostrando, baixo o seu punto de vista, unha infinita capacidade de rexeneración.

Entre as heroínas quixotescas dos tres últimos séculos destacan personaxes como Arabella —protagonista de The Female Quixote, de Charlotte Lennox—, así como Pamela, Juliette, Tula, Leocadia, Isidora, Tristana ou Dorcasinda. A diversidade e riqueza dos textos seleccionados inclúe algunhas das obras máis relevantes da historia da novela europea.

Un dos fitos recentes que alimentan esta investigación é a participación de Montero Reguera no proxecto Biblioteca del Quijote Transnacional, con sede principal na Universidad de Salamanca. No marco desta iniciativa preparouse a edición da primeira tradución ao castelán de The Female Quixote, realizada en 1808 por Bernardo María Calzada a partir dunha versión francesa —e non do orixinal inglés—, exemplo elocuente de como as obras circulan, se transforman e adquiren novos significados ao atravesar linguas e espazos culturais.

Fonte: DUVI

José Montero Reguera
Catedrático de Literatura Española. Director do Departamento de Literatura e Teoría da Literatura, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie