Evento Final do Proxecto Nereida 11 de xuño de 2026
Visto 26
veces
Evento Final do Proxecto Nereida
O encontro, celebrado no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo, reuniu docentes procedentes de toda Galicia que traballaron ao longo do último ano na promoción da alfabetización oceánica entre o alumnado. Os participantes visitaron o posto da Rede Galega de Escolas Azuis na feira Portocultura e realizaron unha visita guiada ao visor submarino Nautilus e ao buque histórico Hidria Segundo, no Porto de Vigo. Ademais, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento do porto pesqueiro a través dunha visita guiada, reforzando así o contacto directo co sector marítimo e pesqueiro galego.
Fonte: DUVI
i18n.one.Series:
Evento Final Proxecto Nereida
Vídeos da mesma serie
