Intervención do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia 20 de nov. de 2015
Intervención do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia
Celebración da quinta e última xornada conmemorativa dos 30 anos de Enxeñería de Organización Industrial, que remata este venres cunha conferencia de clausura a cargo de Juan Antonio Muñoz Codina, antigo alumno da Escola de Enxeñería Industrial e actual director de operacións industriais de PSA en Europa. Tras o relatorio, docentes e uns 300 antigos estudantes do centro celebrarán unha cea de confraternización no propio campus coa que poñer fin ao ciclo de actividades que se veu desenvolvendo nos últimos meses para conmemorar os 30 anos de vida da escola.A mañá do 5 de novembro realizouse no Salón de Actos da Escola de Enxenería Industrial de Vigo a 4ª das Xornadas Técnicas organizadas con motivo do 30 aniversario da Especialidade de Organización Industrial. Esta xornada, con título "Los Ingenieros de Organización Industrial y la Alta Dirección", contou coa presenza de seis ex alumnos da especialidade que a día de hoxe ocupan postos de responsabilidade en importantes empresas españolas. En concreto participaron nesta conferencia: - Miguel Ardao Fernández, Director Xeral Grupo Ezpeleta. - Rubén Rodríguez Varela, Director Ascensores Enor S.A. - Antonio Trincado Fernández, Director Xeral Cupa Avanza (Cupa Group). - Rosa García Piñeiro, Directora Global de Sostenibilidad de Alcoa. - Rafael Prieto Rodríguez, Director Area Vannamei en Pescanova S.A. - Jose Silveira Martín, Conselleiro Delegado POVISA. Participaron alumnos e ex alumnos da especialidade.