Os enxeñeiros de organización e a alta direción. Intervención de Miguel Ardao Fernández, Director Xeral do Grupo Ezpeleta 5 de nov. de 2015

Visto 903 veces

Os enxeñeiros de organización e a alta direción. Intervención de Miguel Ardao Fernández, Director Xeral do Grupo Ezpeleta

A mañá do 5 de novembro realizouse no Salón de Actos da Escola de Enxenería Industrial de Vigo a 4ª das Xornadas Técnicas organizadas con motivo do 30 aniversario da Especialidade de Organización Industrial. Esta xornada, con título "Los Ingenieros de Organización Industrial y la Alta Dirección", contou coa presenza de seis ex alumnos da especialidade que a día de hoxe ocupan postos de responsabilidade en importantes empresas españolas. En concreto participaron nesta conferencia: - Miguel Ardao Fernández, Director Xeral Grupo Ezpeleta. - Rubén Rodríguez Varela, Director Ascensores Enor S.A. - Antonio Trincado Fernández, Director Xeral Cupa Avanza (Cupa Group). - Rosa García Piñeiro, Directora Global de Sostenibilidad de Alcoa. - Rafael Prieto Rodríguez, Director Area Vannamei en Pescanova S.A. - Jose Silveira Martín, Conselleiro Delegado POVISA. Participaron alumnos e ex alumnos da especialidade.

Presenta: Miguel Ardao Fernández
Director Xeral, Grupo Ezpeleta

Vídeos da mesma serie