Eleccións ao Parlamento de Galicia do 25-S: O papel do árbitro: o sistema electoral é imparcial? 28/09/2016

Visto 665 veces

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 25-S: O papel do árbitro: o sistema electoral é imparcial?

Intervención de Álvaro Xosé López Mira

Tras acadar a súa terceira maioría absoluta, o Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo converteuse no único partido “que non só cumpriu os seus obxectivos iniciais, senón que mesmo os superou” nas eleccións autonómicas de 2016. Un PP que foi quen de manter “os elementos de mobilización” do seu electorado nun novo escenario de "multipardisimo imperfecto". O coloquio foi promovido pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra e a Área de Ciencia Política e da Administración-Observatorio da Gobernanza G3 xunto co Ateneo.

Álvaro Xosé López Mira
Profesor do Grao en Dirección e Xestión Pública, Universidade de Vigo