Aprende coas cooperativas agrarias 31 Out, 2017

Visto 120 veces

Aprende coas cooperativas agrarias

Intervención de Higinio Mougán

docentes, egresados, cooperativistas e estudantes reuníronse no campus de Vigo na xornada Universidade de Vigo e Cooperativismo: 28 anos medrando xuntos, un evento que serviu para dar a coñecer este modelo empresarial, reunir antigos estudantes e docentes e estreitar lazos entre a institución académica e as dúas principais asociacións de cooperativas en Galicia: Espazocoop e Agaca. De feito, o reitor da Universidade, Salustiano Mato, asinou con Celso Gándara, presidente de Espazocoop; Higinio Mougán, xerente da Asociación de Cooperativas Agrarias de Galicia (Agaca) cadanseu convenio para “dar resposta ás necesidades do cooperativo galego e plasmar institucionalmente estes 28 anos de colaboración” nun marco que permitirá poñer en marcha proxectos de investigación, programas de mobilidade, elaboración de estudos, iniciativas de transferencia de coñecemento, etc.

Higinio Mougán
Xerente, Asociación de Cooperativas Agrarias de Galicia (AGACA)
Presenta: Antonio Vaamonde
Catedrático de estatística, Universidade de Vigo