Firma dos convenios de colaboración entre a Universidade de Vigo, Agaca e Espazo Coop 31 de out. de 2017
Firma dos convenios de colaboración entre a Universidade de Vigo, Agaca e Espazo Coop
O convenio permitirá poñer en marcha proxectos de investigación, programas de mobilidade e iniciativas de transferencia de coñecemento,
docentes, egresados, cooperativistas e estudantes reuníronse no campus de Vigo na xornada Universidade de Vigo e Cooperativismo: 28 anos medrando xuntos, un evento que serviu para dar a coñecer este modelo empresarial, reunir antigos estudantes e docentes e estreitar lazos entre a institución académica e as dúas principais asociacións de cooperativas en Galicia: Espazocoop e Agaca. De feito, o reitor da Universidade, Salustiano Mato, asinou con Celso Gándara, presidente de Espazocoop; Higinio Mougán, xerente da Asociación de Cooperativas Agrarias de Galicia (Agaca) cadanseu convenio para “dar resposta ás necesidades do cooperativo galego e plasmar institucionalmente estes 28 anos de colaboración” nun marco que permitirá poñer en marcha proxectos de investigación, programas de mobilidade, elaboración de estudos, iniciativas de transferencia de coñecemento, etc.