Primeiro encontro entre o mundo da universidade e o emprendemento do Santander 9 de maio de 2017

Visto 1064 veces

Primeiro encontro entre o mundo da universidade e o emprendemento do Santander

Eixos temáticos: O medo ao fracaso, a necesidade de pivotar, a creatividade no camiño da idea ó producto e a financiación

“As universidades e os emprendedores seredes os protagonistas do ecosistema que busca abrir as portas ao talento para construír un futuro mellor”. Con estas palabras se referiu a presidenta do Banco Santander e de Universia, Ana Botín, aos protagonistas do evento Universidad y Emprendimiento, que a entidade financeira celebrou este martes na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, na que se deron cita máis de 200 emprendedoras e emprendedores, mozas e mozos universitarios e un cento de empresarias e empresarios. O medo ao fracaso, a adaptación aos cambios, a creatividade no camiño da idea ao produto e o financiamento, foron os eixos arredor dos que xirou o encontro no que emprendedoras e emprendedores como Pilar Manchón (Amazón, fundadora de Indisys), Anxo Pérez (8 Belts), Verónica Pascual (Asti) ou Álvaro Mancilla (Workkola) trasladaron as súas experiencias ás e aos novos emprendedores, que compartiron o salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais cos máis de 70 reitoras e reitores e conselleiros de Universia que participaron na Asemblea xeral da Conferencia de Reitores, Crue, e na XVII Xunta Xeral de Accionistas de Universia.

Presenta: Alvaro Iturriaga
Director, Fundación Universia
Pilar Manchón
Amazón, fundadora de Indisys
Anxo Pérez
8 Belts
Verónica Pascual
Asti
Álvaro Mancilla
Workkola
Carlos Andradas
Reitor, Universidade Complutense
Modera: Ana Botín
Presidenta, Banco Santande

Vídeos da mesma serie
Primeiro encontro entre o mundo da universidade e o emprendemento do Santander
Eixos temáticos: O medo ao fracaso, a necesidade de pivotar, a creatividade no camiño da idea ó producto e a financiación
9 de maio de 2017