Mesa redonda: Pasado, discurso e sociedade nos medios de masas 7 Mai, 2012

Visto 2704 veces

Mesa redonda: Pasado, discurso e sociedade nos medios de masas

En pleno século XXI, a Historia “está no medio” cando botamos unha ollada aos medios de comunicación. Este ciclo de xornadas xurde para crear un espazo onde analizar e debater a conexión da Historia con outras disciplinas, facer visible o papel do historiador no mundo actual e a configuración social dos discursos sobre o pasado como construción colectiva. O papel das novas tecnoloxías é crucial na construción do discurso histórico, da realidade social e o seu impacto sobre a sociedade. As accións no ciberespacio están facendo mutar mesmo, o valor do patrimonio tanxible, polo que é fundamental valorar as ferramentas de transferencia de coñecemento e o protagonismo da cidadanía, non só como simple receptor, senón no propio proceso de construción do mesmo e na salvagarda do seu legado patrimonial. É momento fundamental tamén para tratar de evidenciar as metodoloxías da Historia e o debate sobre os criterios de cientificidade.

Modera Beatriz Comendador Rey
Vicedecana da Facultade de Historia do Campus de Ourense, Facultade de Historia, Universidade de Vigo
Abraham Herrero
Alumno 5º Historia, Universidade de Vigo
Jaime Almansa
Xurxo Ayán Vila
Laboratorio do Patrimonio, CSIC
Manuel Gago
Representante de culturagalega.org