Estudo do impacto da actividade xeotérmica sobre os procesos de descomposición da materia orgánica almacenada na liña de costa 23 de feb. de 2017
Estudo do impacto da actividade xeotérmica sobre os procesos de descomposición da materia orgánica almacenada na liña de costa
Intervención de Mariano Lastra
Tan lonxe e tan preto ao mesmo tempo. A comunidade universitaria tivo este xoves, por segundo ano consecutivo, a prezada oportunidade de vivir ‘de preto’ a experiencia antártica e fíxoo grazas a tres dos seus profesores, Mariano Lastra, Jesús Souza Troncoso e Jesús López, do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, e ao investigador do CSIC Luis Sampedro que, a través de videoconferencia, compartiron co alumnado e tamén cos seus compañeiros e compañeiras o seu día a día no continente máis austral da Terra. Partiron cara alí o pasado 3 de febreiro e chegaron á base do Exército de Terra Gabriel de Castilla, na Illa Decepción, hai xa dúas semanas. Dende ese momento e ata o 12 marzo realizarán neste lugar traballos de campo e experimentos de laboratorio para coñecer os efectos do cambio climático sobre as macroalgas desta zona polar, todo un auténtico laboratorio natural.