A adquisición da linguaxe en nenos xordos 28 de maio de 2014

Visto 3864 veces

A adquisición da linguaxe en nenos xordos

A profesora Ronice Müller de Quadros é licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Caxias do Sul e doutora en Lingüística pola Pontifícia Universidade Católica do Rio Grande do Sul. Na actualidade, é profesora e investigadora na Universidade Federal de Santa Catarina, no Centro de Comunicação e Expressão e coordinadora institucional do Letras Libras. Tamén coordina o Núcelo de Aquisição de Línguas de Sinais NALS no que desenvolve o proxecto de investigación Projeto de Desenvolvimento Bilíngue Bimodal, no que participan tamén universidades dos Estados Unidos e que está financiado polo National Institute of Health; Os seus traballos abranguen diferentes aspectos relacionados coa lingua de signos: adquisición das linguas de signos, gramática da lingua de signos brasileira, bilingüismo, educación de xordos e tradución e interpretación de linguas de signos

Ronice Müller de Quadros
Coordinadora, Núcelo de Aquisição de Línguas de Sinais NALS
Alba Puentes García
Signante, Universidade de Vigo
Ruth Lamas Ferreiro
Signante, Universidade de Vigo