Presentación dos gañadores dos IV Premios INCUVI-Emprende 2015 12 de mar. de 2015

Visto 1965 veces

Presentación dos gañadores dos IV Premios INCUVI-Emprende 2015

Este xoves comeza a aventura empresarial para os e as promotoras dos 12 proxectos gañadores da cuarta edición dos Premios Incuvi-Emprende, a máis numerosa dende que arrancou esta iniciativa. Por primeira vez, o campus de Ourense integra a súa pre-incubadora nesta convocatoria converténdose, como explicou este xoves no acto de entrega a vicerreitora de Estudantes, Dolores González, “nun proxecto integral e coordinado cun alcance pleno tanto no xeográfico como no académico”. Os seis proxectos gañadores do campus de Vigo, catro de Ourense e dous de Pontevedra foron seleccionados entre un total de 44 iniciativas presentadas por máis de 70 estudantes emprendedores. Para eles e elas arranca un ano de intenso traballo nas instalacións da pre-incubadora do campus Vigo, de AJE en Pontevedra e na Tecnópole de Ourense.

Vicerreitora de Estudantes, Universidade de Vigo