Xuntanza do reitor co candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga 21 de xul. de 2016
Xuntanza do reitor co candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga
O candidato do PSdG á Xunta de Galicia insta a apostar póla formación e a investigación universitaria
Como “unha institución básica na sociedade” considera o candidato do PSdG á Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, á universidade, de aí que incida na necesidade de facer unha aposta pola formación e a investigación e moi especialmente por uns estudos de posgrao que respondan mellor ás necesidades da sociedade. Esta son algunhas das ideas que Fernández Leiceaga compartiu este mediodía con Salustiano Mato, nunha visita de cortesía que o candidato socialista realizou ao reitor da Universidade e que se insire nunha rolda de encontros que dirixentes políticos están a manter co responsable da institución académica viguesa. “Agradezo aos partidos que se acheguen a nós e que compartan a importancia que universidade ten na sociedade”, asegurou o reitor, para quen estes encontros serven tamén para “mellorar o noso labor”.