O matrimonio forzado como forma de violencia de xénero 6 de out. de 2016

Visto 1554 veces

O matrimonio forzado como forma de violencia de xénero

Coloquio

Cada ano, en todo o mundo, uns 14 millóns de nenas e mozas menores de idade son obrigadas a contraer matrimonio en contra da súa vontade. Motivos económicos ou legais, como acadar a regularización do cónxuxe, están, en moitas ocasións, na orixe do matrimonio forzado, que desde o ano 2015 en España está tipificado como un delito que se castiga con penas de prisión de seis meses a tres anos e multas de 12 a 24 meses. Ata a tipificación do delito de matrimonio forzado no artigo 172 bis da Lei 1/2015 do Código Penal eran outras as figuras penais a través das que se perseguía esta práctica “moi vinculada aos fenómenos migratorios, pero que vai máis aló”, explica a profesora de Dereito Penal da Universidade de Vigo Marta García Mosquera.

Modera Xosé Manuel Pacho Blanco
Doutor en Dereito da Área de Filosofía do Dereito da Universidade de Vigo
Noelia Igareda González
Profesora de Filosofía do Dereito na Universidade Autónoma de Barcelona e investigadora do Grupo Antígona, Mujeres y Sociedad en perspectiva de género
Luis Pena Morandeira
Coordinador de producción, cámara, realizador e editor audiovisual, UvigoTv - CampusdoMarTV

Vídeos da mesma serie