Inauguración da xornada 6 de out. de 2016
Inauguración da xornada
O novo delito de matrimonio forzado dende a perspectiva de xénero
Cada ano, en todo o mundo, uns 14 millóns de nenas e mozas menores de idade son obrigadas a contraer matrimonio en contra da súa vontade. Motivos económicos ou legais, como acadar a regularización do cónxuxe, están, en moitas ocasións, na orixe do matrimonio forzado, que desde o ano 2015 en España está tipificado como un delito que se castiga con penas de prisión de seis meses a tres anos e multas de 12 a 24 meses. Ata a tipificación do delito de matrimonio forzado no artigo 172 bis da Lei 1/2015 do Código Penal eran outras as figuras penais a través das que se perseguía esta práctica “moi vinculada aos fenómenos migratorios, pero que vai máis aló”, explica a profesora de Dereito Penal da Universidade de Vigo Marta García Mosquera.