A regulación penal do delito de matrimonio forzado no art. 172 bis do Código Penal español 6 de out. de 2016

Visto 851 veces

A regulación penal do delito de matrimonio forzado no art. 172 bis do Código Penal español

Coloquio

Cada ano, en todo o mundo, uns 14 millóns de nenas e mozas menores de idade son obrigadas a contraer matrimonio en contra da súa vontade. Motivos económicos ou legais, como acadar a regularización do cónxuxe, están, en moitas ocasións, na orixe do matrimonio forzado, que desde o ano 2015 en España está tipificado como un delito que se castiga con penas de prisión de seis meses a tres anos e multas de 12 a 24 meses. Ata a tipificación do delito de matrimonio forzado no artigo 172 bis da Lei 1/2015 do Código Penal eran outras as figuras penais a través das que se perseguía esta práctica “moi vinculada aos fenómenos migratorios, pero que vai máis aló”, explica a profesora de Dereito Penal da Universidade de Vigo Marta García Mosquera.

Modera Marta García Mosquera
Profesora Contratada Doutora de Dereito Penal da Universidade de Vigo
María A. Trapero Barreales
Profesora Titular, Catedrática acreditada, de Dereito Penal da Universidade de León
Luis Pena Morandeira
Coordinador de producción, cámara, realizador e editor audiovisual, UvigoTv - CampusdoMarTV

Vídeos da mesma serie