Identificando barreiras na comunicación con vítimas de violencia de xénero non hispanofalantes 10 de maio de 2016

Visto 1169 veces

Identificando barreiras na comunicación con vítimas de violencia de xénero non hispanofalantes

Rolda de Preguntas

O proxecto europeo SOSVICS e Facultade de Filoloxía e Tradución, co patrocinio da Unidade de Igualdade, organizan a xornada A investigación en interpretación: novas olladas dende a perspectiva de xénero, na que estudantes de doutoramento doutras tantas universidades presentarán os seus traballos neste ámbito. Na xornada dirixida ao alumnado e ao persoal investigador, Kathleen Goetz da Universidade de Vigo presentará A interpretación con vítimas de violencia de xénero estranxeiras nos xulgados de violencia sobre a muller. A intervención de Marta Lucero da Universidad de Salamanca centrarase en Interpretación e violencia de xénero: cara unha formación e actuación intersecccional. Doris Fernandez estudante de doutoramento na Heriot-Watt University de UK presentará o seu traballo Explorando o papel da lingua e da cultura na trata con fins de explotación sexual e Anca Bodzer da Universidad de Alcalá de Henares abordará Identificando barreiras na comunicación con vítimas de violencia de xénero non hispanofalantes.

Presenta: Maribel del Pozo Triviño
Coordinadora, SOS-VICS
Anca Bodzer
Universidad Alcalá de Henares