Apertura das xornadas ''a investigación en interpretación'' 10 de maio de 2016

Visto 570 veces

Apertura das xornadas ''a investigación en interpretación''

Novas olladas dende a perspectiva de xénero

O proxecto europeo SOSVICS e Facultade de Filoloxía e Tradución, co patrocinio da Unidade de Igualdade, organizan a xornada A investigación en interpretación: novas olladas dende a perspectiva de xénero, na que estudantes de doutoramento doutras tantas universidades presentarán os seus traballos neste ámbito. Na xornada dirixida ao alumnado e ao persoal investigador, Kathleen Goetz da Universidade de Vigo presentará A interpretación con vítimas de violencia de xénero estranxeiras nos xulgados de violencia sobre a muller. A intervención de Marta Lucero da Universidad de Salamanca centrarase en Interpretación e violencia de xénero: cara unha formación e actuación intersecccional. Doris Fernandez estudante de doutoramento na Heriot-Watt University de UK presentará o seu traballo Explorando o papel da lingua e da cultura na trata con fins de explotación sexual e Anca Bodzer da Universidad de Alcalá de Henares abordará Identificando barreiras na comunicación con vítimas de violencia de xénero non hispanofalantes.

Presenta: Luis Alonso Bacigalupe
Decano, Facultade de Filoloxía e Tradución
Maribel del Pozo Triviño
Coordinadora, SOS-VICS