Economía e cambio climático 1 de mar. de 2016

Visto 684 veces

Economía e cambio climático

O Salón de Graos do Edificio Politécnico acolle hoxe martes, día 1 de marzo as 18:30 a conferencia titulada: Economía e cambio climático, a cargo de Xavier Labandeira Villot, catedrático de Economía na Universidade de Vigo e director da Florence School of Regulation-Climate. Nesta conferencia abordaranse as relacións de causalidade e efecto entre cambio climático e economía. Tras ela haberá un pequeno coloquio no que se poderán facer preguntas e debater sobre elas. O evento forma parte do ciclo de conferencias: Cambio Climático: visións interdisciplinarias tras a COP21, auspiciado dentro das charlas A viva voz, de La Voz de Galicia (http://ephyslab.uvigo.es/COP21).

Presenta: Juan Antonio Añel Cabanelas
Investigador EPhysLab. Universidade de Vigo. University of Oxford. Economics for Energy
Xavier Labandeira Villot
Catedrático de Economía na Universidade de Vigo e director da Florence School of Regulation-Climate.

Vídeos da mesma serie