O cambio climático en Galicia. 11 de maio de 2016
O cambio climático en Galicia.
Intervención de Francisco Díaz-Fierros
O próximo mércores 11 de Maio, no Salón de Actos de Afundación en Ourense, as 19:00 haberá unha nova conferencia do Ciclo «Cambio Climático: visións interdisciplinarias tras a COP21» titulada "O cambio climático en Galicia". Desta vez correra a cargo do Prof. Francisco Díaz Fierros e do Dr. Juan Taboada. A continuación terá lugar un coloquio interactuando co público asistente no que calquera dúbida será respondida, na que contaremos coa asistencia do Dr. Juan A. Añel. Os poñentes debatirán sobre os diferentes impactos que o cambio climático ten en Galicia. Trataranse temas como os lumes forestais, producción vitivinícola, impactos nas temperaturas e as precipitacións. Francisco Díaz-Fierros, Licenciado en Farmacia (1964) e Doutorado en Farmacia (1967) pola Universidade de Santiago. Catedrático de Edafoloxía e química agrícola (1987) pola USC. Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (1975-1980). Presidente da xunta reitora do Seminario de Estudos Galegos. Académico numerario da Real Academia de Farmacia, Sección de Galicia. Académico correspondente da Real Academia de Farmacia do Instituto de España. Académico numerario da Real Academia Galega. Juan Taboada, Coordinador da Sección de Predicción Operativa de MeteoGalicia. Licenciado en Fisica pola USC. Doutor en Física (Sobresaliente Cum Laude) pola USC. Investigador de Tragsa e Tragsatec no proxecto de Meteogalicia. Premio á excelencia en Supercomputacion, concedido polo Centro de Supercomputacion de Galicia. Participante do proxecto CLIGAL.