Dereitos humáns, xénero e o cambio climático 30 Mar, 2016

Visto 1225 veces

Dereitos humáns, xénero e o cambio climático

Intervención de Mario Ruiz Sanz

Ciclo «Cambio Climático: visións interdisciplinarias tras a COP21»: "Dereitos Humáns, xénero e o cambio climático". Desta vez correra a cargo de dous ponentes: Pablo Bonorino, doutor en Dereito e Profesor Titular de Filosofía do Dereito da Universidade de Vigo, e Mario Ruiz Sanz, Profesor Titular de Filosofía do Dereito e Secretario Xeral da Universitat Rovira i Virgili en Tarragona. A continuación terá lugar un coloquio interactuando co público asistente no que calquera dúbida. O Dr. Mario Ruiz disertará sobre a parte que enlaza o cambio climático cos dereitos humáns, sobre como o cambio climático os limita ou coarta e cómo os dereitos humáns son un marco legal para tratar o tema do cambio climático O Dr. Pablo Bonorino falará de cómo os impactos do cambio climático son moi distintos para homes y mulleres en función de diversas componentes culturais e sociais. Ponentes: Mario Ruiz, Profesor Titular de Universidade (acreditado a Catedrático pola ANECA -agencia estatal- e por AQUA -agencia catalana-) da área de Filosofía del Dereito e Filosofía Política no Departamento de Dereito Público da URV. Impartiu materias de grado, postgrado e doutorado na Facultade de Ciencias Xurídicas e na Facultade de Letras da URV. Na URV, e membro do CEDAT (Centro de Estudios de Derecho Ambiental de Tarragona.) Pablo Bonorino, Profesor Titular de Universidade na área de Filosofía do Derecito (Facultade de Dereito, Universidade de Vigo). Foi Profesor Adxunto de “Lóxica Xurídica” e “Teoría Xeral do Dereito” (Facultade de Dereito, Universidade Nacional e Mar del Prata, Arxentina, 1994-2000) e Titular de Cátedra Interino de “Lóxica Xurídica” (Facultade de Dereito, UNMdP, 2000-2001). É membro de SADAF (Sociedade Arxentina de Análise Filosófico) dende 1991.

Presenta: Juan Antonio Añel Cabanelas
Investigador EPhysLab. Universidade de Vigo. University of Oxford. Economics for Energy
Mario Ruiz Sanz
Secretario Xeral, Universitat Rovira i Virgili