Deporte electrónico e telecomunicacións 11 de set. de 2018

Visto 20 veces

Deporte electrónico e telecomunicacións

O campus de Vigo acolleu hai agora trinta anos a primeira xuntanza anual de estudantes de telecomunicación. Daquela apenas había tres ou catro centros impartindo estes estudos en España, hoxe son máis de vinte e os seus e súas representantes volven reunirse na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo para tratar os principais asuntos que afectan ao futuro da titulación e tamén ao seu propio futuro profesional. Seis días nos que falar e debater sobre a creación dun bacharelato tecnolóxico real, unha das súas principais demandas; mobilidade internacional, implantación de actividades transversais nos plans de estudo e temas máis relevantes a negociar cos partidos políticos de cara ás vindeiras convocatorias electorais. Na apertura do encontro, celebrada no salón de actos da escola, reuníronse o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini; o director da escola, Íñigo Cuiñas; a presidenta do Consejo Estatal de Estudiantes de Telecomunicación, Mónica Ortega, e o presidente do comité organizador, Alfredo García, membro da Delegación de Alumnado da escola e cabeza visible dun equipo do que tamén formaron parte os estudantes Óscar Moldes, Adrián Neira, Manuel Porta, Antía Fandiño, Eduardo Rodríguez, Jaime González, Samuel Novoa e Jorge Rodríguez. “Estes seis días nos que imos estar reunidos aquí en Vigo son só o cumio de doce meses de traballo”, explicou García, ao tempo que agradeceu a participación no encontro de 38 congresistas procedentes de 16 universidades de diferentes partes do territorio nacional. “Tal e como se reflicte na temática elixida, o futuro das telecomunicacións, este congreso constitúese como un espazo para a análise e o debate do voso futuro”, recalcoulles a vicerreitora, que fixo tamén fincapé na importancia de contar coas empresas, os colexios profesionais e os e as enxeñeiras inmersas xa no mundo laboral. “As conclusións que quitedes estes días deben contribuír a que desde as universidades vos ofrezamos unha formación tanto de grao como de posgrao integral e de calidade e que vós participedes na toma de decisións para alcanzar ese obxectivo”.

Allende Olarte Valentín
University Esports

Vídeos da mesma serie
Delegación de Alumnos ETSIST UPM
DA-ETSIST-UPM
10 de set. de 2018
Seguridade IT e OT
Intervención de Olalla Sánchez
10 de set. de 2018
IT vs OT
Intervención de Alejandro Alonso
10 de set. de 2018
Balidea
Intervención de Belén Pérez Rodríguez
10 de set. de 2018
Universidade vs Traballo
Intervención de Daniel Fernández Rodríguez
10 de set. de 2018
#Joventeleco
Asociación española de enxeñeiros de telecomunicación
11 de set. de 2018
Plan 500
A transformación dixital COITT
11 de set. de 2018