Terminoloxía da Unión Europea. Comunicación e cooperación 18 de set. de 2018

Visto 405 veces

Terminoloxía da Unión Europea. Comunicación e cooperación

Na súa conferencia, organizada pola facultade e o grupo de investigación Bifega, Maslias incidiu na importancia da cooperación entre as institucións europeas no ámbito da terminoloxía, “unha cuestión moi importante para nós porque a lexislación común europea tradúcese en 24 idiomas e ten que ter unha concordancia absoluta e iso quere dicir que os textos traducidos son textos orixinais, leis europeas, que se converten en leis nacionais”, explica o xefe de Coordinación Terminolóxica do Parlamento Europeo. Con máis de 5000 profesionais da tradución nunha decena de institucións, Maslias refírese á UE como “a máquina lingüística máis grande do mundo”, unha estrutura na que se integra a dirección xeral da tradución formada por 24 unidades con 30 tradutoras e tradutores cada unha, que se ocupan da terminoloxía. “A nosa unidade, formada por 10 persoas, encárgase da coordinación do traballo dunha rede de 120 terminólogos nos 24 idiomas da UE e coordinamos o seu labor para meter a terminoloxía en IATE”, unha base de datos con máis de 11 millóns de termos en 24 linguas, o que a converte no repositorio multilingüe máis grande do mundo, que cubre máis dun cento de ámbitos da lexislación europea, explicou Maslias nun ateigado salón de actos da facultade.

Rodolfo Maslias
Xefe de Coordinación Terminolóxica, Parlamento Europeo

Vídeos da mesma serie