(Rolda de preguntas) O 'Diario de Crosses Green' de Martín Veiga presenta a súa edición en inglés 16 de out. de 2018

Visto 12 veces

(Rolda de preguntas) O 'Diario de Crosses Green' de Martín Veiga presenta a súa edición en inglés

Diario de Crosses Green é un poemario de Martín Veiga que saíu do prelo en 2016. Agora, dous anos despois, edítase a súa versión en inglés, traducida por Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da Universidade de Vigo. Diary of Crosses Green foi publicado na editorial Francis Boutle Publishers e este martes a Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu un acto público de presentación no que estiveron presentes o autor e o tradutor, Veiga e Payne, xunto co editor Clive Boutle e o profesor do Departamento de Tradución e Lingüística Alberto Álvarez Lugrís e escritora Eva Moreda.
No mesmo acto presentáronse tamén outras publicacións recentes da editorial Francis Boutle Publishers, como a tradución de Sempre en Galiza de Castelao (Forever in Galicia), Breogán's Lighthouse (escolma de poesía galega editada por Antonio Raúl de Toro Santos) e National Identities at the Crossroads, unha colección de ensaios sobre literatura e cultura ibéricas e galegas editados por Xabier Payá e Laura Sáez.

Martín Veiga
Profesor de Estudos Hispánicos, University College Cork
Eva Moreda
Keith Payne
Poet and Translator. John Broderick Writer in Residence
Clive Boutle
Director editoral de Francis Boutle Publishers
Profesor de tradución do inglés para o galego na Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo