Apertura do acto e presentación dos compoñentes da Mesa Redonda 16 de out. de 2018

Visto 9 veces

Apertura do acto e presentación dos compoñentes da Mesa Redonda

Diario de Crosses Green é un poemario de Martín Veiga que saíu do prelo en 2016. Agora, dous anos despois, edítase a súa versión en inglés, traducida por Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da Universidade de Vigo. Diary of Crosses Green foi publicado na editorial Francis Boutle Publishers e este martes a Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu un acto público de presentación no que estiveron presentes o autor e o tradutor, Veiga e Payne, xunto co editor Clive Boutle e o profesor do Departamento de Tradución e Lingüística Alberto Álvarez Lugrís e escritora Eva Moreda.
No mesmo acto presentáronse tamén outras publicacións recentes da editorial Francis Boutle Publishers, como a tradución de Sempre en Galiza de Castelao (Forever in Galicia), Breogán's Lighthouse (escolma de poesía galega editada por Antonio Raúl de Toro Santos) e National Identities at the Crossroads, unha colección de ensaios sobre literatura e cultura ibéricas e galegas editados por Xabier Payá e Laura Sáez.

Profesor de tradución do inglés para o galego na Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo