Presentación de Isabel Rebollido 17 de dec. de 2018

Visto 105 veces

Presentación de Isabel Rebollido

Coñecer os inicios do sistema solar é fundamental para comprender a súa situación actual, incluída a presencia de vida na Terra, e a súa aparente ausencia no resto de planetas e satélites. Para estudar a formación e evolución dos planetas, debemos mirar a outras estrelas, onde os procesos que deron lugar á configuración actual do noso sistema están a ocurrir neste preciso instante. Hoxe en día, os avances en instrumentación permiten a observación directa de discos ó redor de estrelas novas, de planetas en formación, e de pequenos corpos como cometas ou asteroides en sistemas planetarios distintos ó noso. Estas observacións, xunto co crecente número de exoplanetas detectados, dannos unha idea da diversidade de configuracións que podemos atopar no universo, a maioría delas, moi diferentes ao sistema solar. Por outra parte, o estudo de estrelas en etapas máis avanzadas da súa vida permítennos predecir cal será o noso destino, e cómo acabará a Terra e os demáis planetas do noso sistema.

i18n.one.Series: A vida dos planetas
Presenta: Ana Ulla Miguel
Profesora Titular da Área de Astronomía e Astrofísica, Universidade de Vigo
Presenta: José Luis González Cespón
Profesor EE Industrial, Universidade de Vigo
Isabel Rebollido Vázquez
Astrofísica, UAM

Vídeos da mesma serie