Introduction and welcome 1 de dec. de 2023

Visto 4 veces

Introduction and welcome

O seminario abriuse co relatorio que Lucy Baker centrou no caso de Suráfrica e na importancia do “complexo mineiro-enerxético” nun país que é o décimo cuarto maior emisor de gases de efecto invernadoiro do mundo e o primeiro de África. A súa intervención estivo centrada en afondar como pode realizarse unha “transición xusta” nun país no que o carbón representa aproximadamente o 75% da enerxía primaria e o 80% dos gases de efecto invernadoiro. A continuación, Xavier Simón, falou dunha “transición enerxética inxusta en Galicia”, como recolleu o título do seu relatorio. Director do Observatorio Eólico de Galicia e membro do Cispac (Centro Interuniversitario de Investigación das Paisaxes Culturais Atlánticas), Simón analizou en primeiro termo o concepto de “xustiza enerxética”, para logo presentar os resultados da análise realizada respecto do proceso de instalación de parques eólicos na comunidade. Por último, a idea de “democracia enerxética” e o que esta pode implicar nunha “sociedade desigual, xerárquica e con recursos limitados” como a da India foron o eixo da intervención de Aviran Sharma, do Post-Growth Innovation Lab. No seu relatorio, o investigador analizou as “oportunidades e limitacións” deste concepto tomando como punto de partida un proxecto levado a cabo por Greenpeace India na zona rural de Bihar.
Fonte: DUVI

Presenta: Mario Pansera
Director and ERC Grantee, Post-Growth Innovation Lab, University of Vigo