Inauguración da xornada 08/11/2016

Visto 924 veces

Inauguración da xornada

Intervención de Uxía Blanco

As cifras de matrícula en titulacións universitarias en todo o Estado español demostran que continúan existindo estudos e profesións tradicionalmente masculinas e femininas. Persisten roles de xénero e percepcións sexistas relativas a campos como as ciencias experimentais ou as enxeñarías que aínda non se conseguiron eliminar. Sobre as causas da súa persistencia e as propostas para erradicalos debateuse este martes na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na xornada A muller tecnóloga na universidade, unha iniciativa organizada polo grupo de investigación AF4 da Escola de Enxeñaría Forestal. Fátima Otero é unha das investigadoras deste grupo e impulsora da xornada, que segundo explicou xorde paralelamente ao desenvolvemento dun proxecto piloto sobre o emprendemento da muller tecnóloga no rural.

Uxía Blanco Iglesias
Concelleira delegada da Área de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Vigo

Vídeos da mesma serie
Inauguración da xornada
Intervención de Uxía Blanco
08/11/2016
Inauguración da xornada
Intervención de Fátima Otero
08/11/2016
A muller tecnóloga na universidade
Interveción de Milagros Sáinz Ibáñez
08/11/2016
A muller nos centros tecnolóxicos de carácter privado
Interveción de Carmen Iglesias Escudero
08/11/2016
Casos profesionais/académicos por mulleres tecnólogas
Intervención de Beatriz Novoa García
08/11/2016
Casos profesionais/académicos por mulleres tecnólogas
Intervención de Coral del Río Otero
08/11/2016
Casos profesionais/académicos por mulleres tecnólogas
Intervención de Ana María Ulla Miguel
08/11/2016