Entrega de Premios Extraordinarios de Doutoramento 28/01/2019

Visto 10 veces

Entrega de Premios Extraordinarios de Doutoramento

150 alumnas e alumnos da Universidade de Vigo recibiron este luns os máximos recoñecementos académicos que outorga a institución académica ao seu estudantado. Coincidindo coa celebración de San Tomé de Aquino, patrón da universidade, o salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolleu o acto institucional no que se procedeu á entrega dos premios extraordinarios de grao e doutoramento correspondentes ao curso 2017-2018; os premios á excelencia académica de grao e mestrado do curso 2018-2019 e os Premios Egeria de inclusión de perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e fin de mestrado. Manuel Reigosa, no seu primeiro acto de celebración de San Tomé como reitor da Universidade de Vigo, aproveitou para facer repaso dos feitos máis salientables do pasado curso académico e para agradecer os éxitos acadados nos ámbitos da investigación, académico ou de innovación, con especial referencia ás alumnas e alumnos premiados por que “fan universidade”.

Reitor, Universidade de Vigo
Secretario xeral, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Acto académico de San Tomé de Aquino 2019
O reitor repasou os eventos máis destacados do último curso e agradeceu os éxitos acadados
28/01/2019
Entrada da comitiva académica
Mentras escoitamos o tema “Miña Almiña” de Son Trío con letra de Rosalía de Castro
28/01/2019
Algunhas reflexións sobre o ano 2018/19
Discurso do reitor da Universidade de Vigo
28/01/2019