Resumo da visita de María Teresa Fernández de la Vega 22 de abr. de 2019

Visto 31 veces

Resumo da visita de María Teresa Fernández de la Vega

A visita da presidenta do Consello de Estado ao campus de Vigo comezou cun encontro co equipo de goberno e despois da inauguración dos nomes dos edificios, que estivo seguida dunha representación teatral a cargo do grupo A Panadaría, continuou cunha xuntanza coas alumnas do programa Mujeres por África, que preside Fernández de la Vega. A súa estancia no campus vigués rematou cun relatorio titulado Igualdad y estado de derecho, no que a presidenta do Consello de Estado falou sobre os metaprincipios constitucionais: democracia, estado de dereito e estado social, así como da grave crise que considera están a sufrir, así como dos efectos que a crise económica do ano 2008 tivo e está a ter sobre a desigualdade que sofren as mulleres.

María Teresa Fernández de la Vega
Presidenta, Consello de Estado
Carmela Silva Rego
Presidenta, Deputación de Pontevedra
Abel Caballero Álvarez
Alcalde, Concello de Vigo
Carmen Larriba García
Subdelegada do Estado na provincia de Pontevedra. Ministerio de Política Territorial e Función Pública., Goberno de España