Apertura do acto, e presentación dos conferenciantes 6 de nov. de 2019

Visto 7 veces

Apertura do acto, e presentación dos conferenciantes

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus acolleu este mércores a celebración da conferencia Control de xestión dende unha perspectiva de xénero, coordinada polo profesor Ernesto López-Valeiras e financiada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e Ecobas. O obxectivo da iniciativa foi, segundo o seu responsable, contribuír a que o alumnado teña unha visión máis completa desta función directiva e reflexionar sobre o feito de que “tres de cada catro postos de control de xestión están ocupados por homes”.

Beatriz González
Vogal da Comisión de Contabilidade de Xestión da Asociación Española de Administración e Dirección de Empresas