Benvida de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo 19 de set. de 2019

Visto 2 veces

Benvida de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo

Apoiar aos novos emprendedores e emprendedoras, axudándolles a dar visibilidade aos seus proxectos, e fomentar “o incremento da cultura emprendedora”, a través da organización de máis de 60 actividades. Estes son, segundo salientou o seu director, Pedro Figueroa, os dous obxectivos centrais do Pont-Up Store, o evento dedicado ao emprendemento que a Universidade de Vigo impulsa en Pontevedra, no marco do Campus Crea, co Concello como patrocinador principal. A aposta pola sustentabilidade e por proxectos relacionados co medio ambiente e o feito de que o 66% das 48 iniciativas empresariais seleccionadas estean lideradas por mulleres foron salientados por Figueroa como dous dos elementos definidores da sexta edición deste encontro do emprendemento, que, trala xornada previa, celebrou a inauguración do seu espazo central na praza de España.

168 candidaturas procedentes de toda Galicia optaron neste 2019 a participar neste espazo de emprendemento para o que finalmente foron seleccionados 48 proxectos. 34 deles presentan, este venres e sábado, os seus produtos e servizos, nos postos gratuítos dos que dispoñen no espazo central do evento e a eles súmase a participación doutra serie de empresas nas diferentes actividades demostrativas que teñen lugar no recinto e no Puntazo Exprés, coloquio no que dez novos emprendedores e emprendedoras defenderán os seus proxectos diante dos responsables de diferentes empresas.
Fonte: DUVI

i18n.one.Series: Pont-Up Store 2019
Reitor, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Pont Up Store 2019 - O impulso da xente valente
Resumo do Pont-Up Store 2019
11 de feb. de 2020
"Este ano detectamos un incremento da calidade dos proxectos, o 40% procedentes das vilas e do rural"
Intervención de Pedro Figueroa, directo do Pont-Up Store
19 de set. de 2019
“Tense convertido nun evento fundamental para o emprendemento en Galicia”
Intervención de Gregorio Luís Agís, deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais
19 de set. de 2019
"Os que están tan tolos como para pensar en cambiar o mundo, son os que o fan"
Intervención de José María Corujo, presidente de AEMPE
19 de set. de 2019
“O Pont-Up Store é xa un referente, dentro e fóra de Pontevedra”
Intervención de Tino Fernández, tenente de alcalde de Pontevedra
19 de set. de 2019
“A creación de riqueza a través do empuxe dos emprendedores”
Intervención de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo
19 de set. de 2019