Intervención de Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo 12 de dec. de 2019

Visto 29 veces

Intervención de Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Existe unha hexemonía do patriarcado na realidade dixital? É similar ou maior á existente na realidade sen conexión? Estes e outros debates son os que se trataron este xoves no obradoiro Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado, unha cita organizada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra ao abeiro da súa Cátedra de Feminismo 4.0 e na que destacadas profesionais de prestixio analizaron polo miúdo as causas que provocan a escasa presenza das mulleres nas carreiras STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), tanto na universidade como logo no mundo profesional, así como as distintas manifestacións do denominado machismo dixital e a súa repercusión nos videoxogos, os memes, os asistentes de voz, as actitudes misóxinas nas redes…
Fonte. DUVI

Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo.