A brecha de xénero na Wikipedia 12 de dec. de 2019

Visto 27 veces

A brecha de xénero na Wikipedia

Intervención de Amelia Verdejo Rodríguez

Existe unha hexemonía do patriarcado na realidade dixital? É similar ou maior á existente na realidade sen conexión? Estes e outros debates son os que se trataron este xoves no obradoiro Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado, unha cita organizada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra ao abeiro da súa Cátedra de Feminismo 4.0 e na que destacadas profesionais de prestixio analizaron polo miúdo as causas que provocan a escasa presenza das mulleres nas carreiras STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), tanto na universidade como logo no mundo profesional, así como as distintas manifestacións do denominado machismo dixital e a súa repercusión nos videoxogos, os memes, os asistentes de voz, as actitudes misóxinas nas redes…
Fonte. DUVI

Amelia Verdejo Rodríguez
Profesora titular de matemáticas xubilada. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Universidade de Vigo