Intervención de Araceli González, subdirectora da Escola Universitaria de Estudios Empresariais 12 de dec. de 2019

Visto 6 veces

Intervención de Araceli González, subdirectora da Escola Universitaria de Estudios Empresariais

Existe unha hexemonía do patriarcado na realidade dixital? É similar ou maior á existente na realidade sen conexión? Estes e outros debates son os que se trataron este xoves no obradoiro Sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado, unha cita organizada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra ao abeiro da súa Cátedra de Feminismo 4.0 e na que destacadas profesionais de prestixio analizaron polo miúdo as causas que provocan a escasa presenza das mulleres nas carreiras STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), tanto na universidade como logo no mundo profesional, así como as distintas manifestacións do denominado machismo dixital e a súa repercusión nos videoxogos, os memes, os asistentes de voz, as actitudes misóxinas nas redes…
Fonte. DUVI

Araceli González Crespán
Subdirectora da Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Universidade de Vigo